Catalonian flagCatalàUnited States flagEnglishSpanish flagEspañolGalician flagGalegoPortuguese flagPortuguês

Philobiblon page header


COLABORAR

Desde o seu comezo, as bases da datos ou bibliografías de PhiloBiblon revísanse e perfecciónanse continuamente coa axuda de numerosos investigadores e usuarios. Esta páxina ten como obxectivo facilitar esta colaboración, e en particular o envío de (a) descricións de manuscritos, impresos ou obras que aínda non foron descritas ou de (b) correccións e engadidos ás descricións xa realizadas.

Nesta páxina encontrará os formularios que lle axudarán a contribuír con novos datos e, ao mesmo tempo, que nos axudarán a incorporar estas contribucións á base de datos. Tamén encontrará notas explicativas para os formularios. As colaboracións recolleranse nos rexistros individuais e os créditos rexistraranse na páxina Inicio.

O procedemento é o seguinte: Clique sobre un formulario (sexa un documento en formato Word ou un arquivo pdf interactivo) para descargalo e gardalo no seu ordenador. Despois, pode cubrilo no ordenador, gardalo e envialo seguindo as instrucións do formulario como anexo dun correo electrónico. Tamén se pode imprimir un formulario e cubrilo á man, e despois dixitalizalo e envialo como anexo dun correo electrónico. Pódese cubrir un formulario total ou parcialmente: È mellor recibir información incompleta que carecer dela. No caso de que se trate dunha simple corrección ou engadido, pode copiar e pegar os datos nun correo electrónico.

Inicialmente, todos os formularios e notas explicativas están redactados en español. Co tempo, serán traducidos todos ás linguas das bases de datos: catalán, galego, inglés e portugués.

The Bancroft Library | Library home | Search | Contact webmaster