Unha procura en Obra fornécenos unha lista de rexistros que conteñen os termos incluídos na procura. Prema na obra que lle interesa e obterá unha lista dos seus testemuños presentados en orde cronolóxica. Cada un dos testemuños está vinculado co manuscrito ou coa edición impresa que o contén.
Unha procura en MsEd fornécenos unha lista de rexistros que conteñen os termos incluídos na procura. Prema no manuscrito ou na edición impresa que lle interesa e accederá a unha descrición externa do exemplar, seguida dunha descrición do seu contido, coas diversas obras que transmite o exemplar ordenadas segundo a súa aparición en el volumen.
A Bibliografia de Textos Antics Catalans, Valencians i Balears (BITECA) naceu na década dos oitenta do s. XX como un proxecto asociado á Bibliography of Old Spanish Texts (BOOST) (hoxe na súa 5a ed. CD-ROM baixo o nome de Bibliografía Española de Textos Antiguos = BETA, ou mellor dito, na 7a que representa esta renovada www). En 1984 B. J. Concheff publicou a súa Bibliography of Old Catalan Texts (Madison: Hispanic Seminary of Medieval Studies), proxecto continuado en 1989 polos responsables do equipo que actualmente o dirixe e que asinan estas liñas. Os primeiros resultados foron presentados no CD-ROM 0 de ADMYTE (Madrid: Fundación V Centenario, MICRONET, Biblioteca Nacional, 1994), ao que seguíu unha segunda entrega en CD-ROM en 1999 (Berkeley: Bancroft Library). O traballo de revisión de fondos no se detivo e na www actual ofrecémoslles aos investigadores o estado no que se atopa a nosa investigación, hoxe en día moito máis completa que a que se presentou no CD-ROM de 1999.
Nas introducións que acompañaban as edicións en CD-ROM mencionábamos as dificultades coas que nos enfrontamos, tanto polo que atinxe ao punto de partida (o traballo de B. Concheff e o programa informático orixinal, que houbo que renovar totalmente e que agora volveu modificarse para se adaptar ás novas esixencias informáticas), como á continuación da tarefa (nova delimitación do corpus, revisión de bibliotecas, consulta directa dos fondos, busca de edicións e de publicacións pouco accesibles, etc). Nesa introdución tamén se definiron os límites e o alcance desta investigación (1). De todos modos, para aqueles que accedan por primeira vez a BITECA intentaremos explicarlles en poucas palabras as súas características.
Responsables
Características do corpus
Estado actual
Colaboradores e equipo de traballo
Perspectivas de futuro
Agradecementos
Responsables:
Gemma Avenoza (†), Universitat de Barcelona, Institut de Recerca en Cultures Medievals (IRCVM) CV
Lourdes Soriano, Universitat de Barcelona, Institut de Recerca en Cultures Medievals (IRCVM) CV
Vicenç Beltran, Universitat de Barcelona CV- Università di Roma "La Sapienza"
CV
Colaboradores e equipo de traballo
Apoia o núcleo básico de compiladores de BITECA un pequeno grupo de colaboradores, que neste momento fan posíbel a continuidade do proxecto, entre os que destaca Charles B. Faulhaber (University of California, Berkeley).
- Irene Capdevila, Universitat de Barcelona
- Francisco Crosas, Universidad de Castilla-La Mancha
- Óscar Perea
- Joan M. Perujo, Universitat d'Alacant
- Glòria Sabaté, Universitat de Barcelona
Queremos manifestar o noso máis profundo agradecimento aos colegas que formaron parte do equipo de traballo de BITECA ao longo dos anos y que a miúdo nos fan chegar informacións fundamentais para o desenvolvemeno do proxecto.
Anna Alberni, Manuel Calderón, Marion Coderch, Antonio Cortijo, Xavier Espluga, Orland Grapí, J. Antoni Iglesias-Fonseca, Montserrat Lamarca, Joan Mahiques, Sadurní Martí, Rafael M. Mérida, Jorge Minchiotti, Pere Poy, Manuel Raindo, Helena Rovira, Edith Salle de la Marnierre i Susanna Vivé.
Vaia tamén a nosa gratitude para os colegas que nos teñen fornecido adicións, emendas, correccións e observacións, que sempre son benvindas y que esperamos continuar recibindo no futuro.
Julián Acebrón, Alfred Agustí, Jordi Armengol, Matilde Barón, Meritxell Blasco, Victòria A. Burguera Puigserver, David Carrillo Rangel, Pere Casanellas, Lluís Cifuentes, Vicens Colomer, Jean Dangler, Jean-François Delmas, José Manuel Fradejas Rueda, Michel Garcia, Marinela Garcia Sempere, Ángel Gómez Moreno, Consol Grau, Sergi Gascón Uris, José Luis Gonzalo Sánchez-Molero, Anna Gudayol, Earle Havens, Josep Izquierdo, Pol Junyent, Cinzia Licoccia, M. Mercè López Casas, Jérome Machiels, Llúcia Martín Pascual, Tomàs Martínez Romero, Josep Lluís Martos, M. Àngels Massip i Bonet, Jesús Massip i Fonollosa, María Morrás, Ángel Narro Sánchez, René Pellen, Andreu Pérez Mingorance, Montserrat Prats, Armand Puig i Tàrrech, Jaume de Puig i Oliver, Manu Radhakrishnan, Rafael Ramos, Peter T. Ricketts (†), Jaume Riera i Sans (†), Elena Roig, Laura Schöder, Lourdes Simó Goberna, Simone Ventura, Curt J. Wittlin, Francesca Ziino.
Características do corpus
BITECA é un proxecto que pretende reunir información, sistematizada e comprobada directamente a partir dos orixinais, sobre os manuscritos e impresos que recollen obras catalanas medievais, fixando o final deste período na morte de Fernando o Católico (2) As datas extremas de períodos históricos resultan inevitablemente arbitrarias; tal vez poderíamos pensar que sería máis significativa, por exemplo, a data de 1500, pero o espellismo do cambio de século non pode enganarnos: non é mellor data que, por exemplo, 1499 ou 1501. Pola contra, 1516 implica un cambio xeoestratéxico que inaugura unha nova situación política, social, económica e intelectual, non só no eido da lingua catalá, senón en todo o espazo ibérico, e coincide cun cambio clave na cultura e na vida de Europa.
A lingua dos textos obxecto do noso estudo é o catalán. Agora ben, se nos fixamos na produción poética, resulta evidente que algunhas pezas teñen unha forte impronta provenzal, mesmo en autores serodios; a presenza desta coloración lingüística (que ás veces aféctalle tamén á prosa) faise constar sempre.
Polo que atinxe á extensión do corpus, a nosa intención era manter a maior parte do material que conformaba a primeira edición de BOOCT, compilada por B. Concheff, aínda que ao orientar a investigación cara aos textos literarios, optamos por omitir as provisións reais, actas de corte, bulas, testamentos, inventarios de bens e capbreus. Esta decisión tomouse coa intención de circunscribir o corpus a pezas que tivesen carácter literario, ademais das que ofrecesen un mínimo interese filolóxico ou tivesen unha tradición comunmente aceptada nos nosos estudos, cousa que non sucede neste tipo de documentos, a pesar de que poidan ser testemuñas de particular importancia para o estudo da nosa lingua durante a época medieval. Si que inventariamos coidadosamente as actas e provisións de corte, foros, costumes, mostassafs, sequiatges e os textos, en xeral, que tiñan un valor xurídico e normativo, que resultan tan útiles nos estudos da lingua antiga e das formas de vida na Idade Media; é por isto que se integraron tradicionalmente nos estudos filolóxicos.
A diferenza do BOOCT, BITECA considera os impresos do s. XVI que reproducen unha obra medieval, e ao longo dos anos fixemos un esforzo considerable para analizar directamente todos os exemplares conservados que nos eran accesibles. A incorporación deste material ao corpus fíxose de xeito progresivo e avanzou da man dos coñecementos que sobre o mundo da imprenta aportaron os nosos colaboradores. Esta investigación ha de considerarse bastante completa no caso dos incunables. Polo que respecta ás edicións do século XVI, describíronse directamente en gran parte dos casos. A partir dunha mínima descrición inicial, o formulario foi enriquecéndose e déronselle entrada a elementos como os erros na foliación ou nas sinaturas de cadernos, as variantes na portada ou no colofón, etc. O estudoso que o desexe atopará en cada caso unha descrición suficiente dos exemplares ao seu alcance e poderá ter una idea aproximada das súas características e, particularmente, do seu estado de conservación.
O corpus actual de BITECA diferénciase do que foi escollido orixinariamente para BOOCT na incorporación dos poemas dos cancioneiros cataláns. Constaban algunhas pezas, xeralmente narrativas, pero non aparecían todas. Foi necesario desglosar os cancioneiros peza a peza e inventariar todas as composicións. Esta tarefa foi o núcleo da tese de doutoramento de J. Mahiques e á súa perseverancia debémos agradecerlle a riqueza da análise das obras poéticas (3). Polo que atinxe ao estudio da composición material dos cancioneiros, actualmente está practicamente concluído, a partir das investigacións realizadas por V. Beltran (*).
Agora ben, como o proxecto que temos entre mans pretende ser unha ferramenta de traballo útil para os medievalistas, crimos necesario ampliar o corpus a obras que, sen chegaren á excelencia como pezas literarias (tampouco non era ese o seu propósito), teñen un grande interese para o investigador da literatura medieval. Deben estar todas as traducións, mesmo aquelas que son simples versións instrumentais cheas de innovacións de orixe incerta, xa que son textos que os escritores medievais tiveron ao seu alcance e que lles proporcionaron materiais para construír as súas propias obras.
Polas devanditas razóns, tradición filolóxica e utilidade para o traballo dos medievalistas, mantemos no repertorio as traducións, así como as obras orixinais de materia científica (medicina, astroloxía, etc.) e xurídica, tanto os grandes compendios como as pezas breves (ordenacións, leis copiadas de forma illada, receitas independentes das grandes coleccións médicas, fórmulas curativas supersticiosas, conxuros e outras pezas semellantes) que lle serven ao investigador na medida en que lle faciliten unha información dificilmente reunida noutro lugar. Para presentar os textos empregouse unha transcrición paleográfica que reproduce o orixinal nas súas propias grafías e división de palabras, sen ningún tipo de intervención, agás a resolución das abreviaturas, que se indican mediante o uso da cursiva.
As características das descricións incluídas en BITECA evolucionaron co tempo. Nunha primeira fase (seguindo o exemplo marcado polos investigadores de BETA) recolléronse uns datos mínimos sobre os manuscritos, pensados só para permitir a identificación dos textos. Máis adiante, estas descricións dos exemplares enriquecéronse, dando entrada a precisións codicolóxicas, que aportan un coñecemento importante da construción e da estrutura dos volumes en particular e, en xeral, permítennos acceder a unha perspectiva xeral máis axustada á realidade sobre como foi a composición do libro medieval no noso contexto (4).
A descrición dos manuscritos e dos impresos foi feita co maior coidado posible, aínda que, debido ás limitaciones de tempo o de acceso aos materiais, non sempre se puideron reunir todos os datos desexables dende o punto de vista da análise codicolóxica. Anotáronse inexcusablemente uns datos mínimos (material, medidas, datación aproximada, presenza de ilustracións ou de notas do posuidor, foliación, encuadernación, estado do volume, así como a súa presenza nos catálogos), mentres que outras (colación, filigranas, unidade de pauta, características do pautado, presenza de reclamos, etc.) só se recolleron cando foi posible. Na actualidade estamos a revisar as descricións máis antigas, para completar os datos codicolóxicos que nun primeiro momento non foron tidos en conta.
Estado actual
Nos anos transcurridos dende o momento no que entregamos os materiais para a primeira versión da www, a investigación avanzou notablemente. As referencias bibliográficas citadas de forma incompleta no BOOCT foron revisadas, localizadas e comprobadas e incorporouse boa parte da investigación publicada ata o de agora, agás algunhas edicións de textos aínda pendentes de examinar e de introducir na base de datos. Cómpre ter en conta que non pretendemos reunir unha bibliografía exhaustiva sobre a literatura catalá medieval, xa que para iso existen outros repertorios (como o Quern ou o Boletín Bibliográfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval https://www.ahlm.es/Primera.html). En BITECA intentamos recoller aqueles traballos que implican edicións de obras ou que se ocupan da datación, da autoría e doutras particularidades ligadas aos estudos sobre as fontes primarias; non se atopará, poñamos por caso, bibliografía sobre os estudos literarios.
Paralelamente á revisión das fichas antigas e á eliminación de duplicidades, continuouse coa investigación nas bibliotecas e arquivos, en primeiro lugar a partir da análise dos catálogos publicados e despois coa visita directa aos centros. Estudamos de primeira man os fondos de boa parte das bibliotecas dos Estados Unidos de Norteamérica e das bibliotecas europeas (só falta completar a análise de centros, fondos ou exemplares moi concretos dunhas poucas bibliotecas españolas, alemás, francesas e italianas).
Perspectivas de futuro
Nestes intres estamos comprometidos coa Acadèmia Valenciana da Llengua para completar o estudo dos fondos conservados na Comunitat Valenciana. Combinamos diversas estancias en Valencia con investigacións noutras bibliotecas, coa fin de completar a análise deste corpus, para as que foi imprescindible a colaboración de Helena Rovira, que dispuxo para isto dunha bolsa da Acadèmia.
Así mesmo, comezamos a elaborar estudos de conxunto, onde se valoran diversos parámetros codicolóxicos examinados, ademais de cuestións relativas á tipoloxía do libro medieval catalán. Agora estamos a examinar o conxunto do corpus impreso, como dicíamos antes, empezando polas edicións do s. XVI, dende a perspectiva dos estudos sobre a imprenta primitiva (bibid 5026 Lamarca); e, unha vez rematada esta, seguiremos co estudo dos incunables.
Igualmente, de acordo cun estudo material do libro, preparamos un inventario das marcas de auga do papel que identificamos (5). Seguindo con esta liña do examen da historia da cultura, estamos a traballar na difusión que tiveron as obras medievais catalás en América a partir do s. XIX, todo isto enmarcado nun estudo da bibliofilia europea e americana dos ss. XIX e XX. Tamén temos previsto proporcionar un estudo de conxunto sobre os antigos posuidores de obras (tanto particulares como institucións), a través dunha catalogación dos exlibris que examinamos. Este estudo permitirá sistematizar as táboas BIOGRAPHY e INSTITUTIONS e dar aos seus contidos unhas maior utilidade e accesibilidade.
Unha porcentaxe moi alta dos exemplares antigos xa foi revisada de primeira man. Esta é unha das nosas prioridades: examinar aqueles que aínda non nos foron accesibles. Por outro lado, resulta evidente que será preciso continuar coa revisión das edicións publicadas para introducir as referencias e dedicarlles unha reflexión detida ás obras aínda inéditas e de identificación pouco clara. Por exemplo, no eido das obras xurídicas ou da literatura científica existen aínda moitos puntos por verificar, como é a procedencia dalgúns textos breves, a súa identificación ou a súa datación. No caso dos materiais científicos cómpre determinar se se trata de obras orixinais ou de traducións. Posto que en moitas ocasións a lingua orixinal é semítica, estamos a iniciar unha colaboración con especialistas nesta materia, como os membros do grupo de investigación dirixido por Miquel Forcada (Departament de Filologia Semítica. Secció Àrab de la UB).
Cómpre rematar esta sucinta presentación cunha aseveración indiscutible: as bibliografías teñen mala sona. Todo o mundo nota nelas ausencias, omisións incomprensibles e erros de todo tipo; e, sen dúbida, estes usuarios teñen razón. Pola súa propia natureza as bibliografías dependen de investigacións alleas e resulta evidente que calquera investigador pode mellorar en moito a parte correspondente aos seus temas de estudo. Naturalmente, no é a el a quen está destinada; a súa colaboración resúltanos imprescindible e, xa que logo, pedímoslle que nos faga chegar toda mellora, reproche ou suxestión que crea oportuna. Pese a todo, cremos que esta bibliografía pode ser de grande utilidade para o estudoso que busca unha fonte fidedigna de información sobre manuscritos de determinadas características, ou a quen comeza unha investigación nova e desexa ter ao seu alcance os datos das investigacións precedentes.
Por otra banda, a riqueza da información sobre as características codicolóxicas e materiais dos exemplares que recollimos permitíunos, como xa dixemos, iniciar diversas investigacións de filoloxía material e compraceríanos que os colegas interesados nestas materias empregasen estes datos tamén nos seus estudos. É por isto que as poñemos á súa disposición. Prégamoslle só, a quen lle resulten de utilidade, que cite a orixe dos datos que tome directamente e que nos faga chegar unha copia das súas publicacións.
En calquera caso, esta é una edición provisional. Toda base de datos é un espazo aberto á información. Nunca pecha, aínda que chega a un punto no que o seu contido pode resultar satisfactorio. Provisionalidade é a mellor definición do traballo que agora presentamos; facémolo, porén, co convencemento de que pode ser útil, de que constitúe unha fonte preciosa de información para localizar e coñecer mellor os testemuños da nosa literatura antiga.
Notes
(*) Datos en curso de incorporación á www.
(1) Para unha exposición detallada do alcance do corpus, véxase bibid 6839 Beltran & Avenoza (1993). Para máis información sobre BITECA e a súa estrutura interna véxase, en bibid 6840, G. Avenoza (1994).
(2) Incluímos todas as obras escritas antes da morte de Fernando II e tamén as dos autores que escribiron a maior parte da súa produción antes desta data, sexa cal sexa a data de copia ou de publicación dos testemuños.
(3) Repertori d’obres en vers. Una aportació a la Bibliografia de textos catalans antics. Defendida na Universitat de Barcelona o 19 de maio de 2009, obtivo a cualificación de Sobresaíente cum laude. Nótese que o corpus analizado por J. Mahiques non coincide exactamente co de BITECA.
(4) Véxanse os estudos xa publicados, bibid 5546 Soriano, Avenoza & Lamarca (2007); bibid 4933 Avenoza & Soriano (2007), bibid 6841 Avenoza (2007).
(5) A compoñente gráfica deste estudo condiciónanos á hora de dar a coñecer o corpus de filigranas reunido. Estamos tratando con outros grupos de investigación europeos que se ocupan deste tipo de materiais para chegar a utilizar unha plataforma común. Véxanse como mostra deste traballo os items de BIBLIOGRAPHY seguintes: bibid 6845 Avenoza & Orduna (1990), bibid 6844 Avenoza & Orduna (1991), bibid 2800 Avenoza (1991), bibid 6844 Avenoza (1993), bibid 6842 Avenoza (2006).
Agradecementos
La Bibliografia de Textos Catalans Antics / BITECA de PhiloBiblon é un proxecto colectivo, no que están implicadas persoas e institucións.
Os principais investigadores de BITECA / Bibliografia de Textos Catalans Antics son:
Gemma Avenoza
- Departament de Filologia Romànica. Facultat de Filologia. Universitat de Barcelona. Gran Via de les Corts Catalanes 585. 08007 Barcelona (España). @mail: gavenoza@ub.edu
Lourdes Soriano
- Departament de Filologia Romànica. Facultat de Filologia. Universitat de Barcelona. Gran Via de les Corts Catalanes 585. 08007 Barcelona (España). @mail: lsoriano@ub.edu
Vicenç Beltran
- Profesor Emérito da Universitat de Barcelona, Departament de Filologia Romànica, Facultat de Filologia, Gran Via 5858, E-08007 Barcelona (Espanya) @mail: vicent.beltran@ub.edu.
- Dipartimento di Studi Europei e Interculturali. Facoltà di Scienze Umanistiche. Piazzale Aldo Moro, 5. I-00185 Roma (Italia).
Das institucións que contribuíron de forma significativa ao desenvolvemento de BITECA / Bibliografia de Textos Catalans Antics salientamos, entre outras:
- Acadèmia Valenciana de la Llengua
- Agència de Gestió d'Ajuts Universitaris i de Recerca, Generalitat de Catalunya (2014 SGR 51)
- The Bancroft Library, University of California, Berkeley
- Gaspar de Portolà Catalonian Studies Program, University of California, Berkeley
- The Center for Galician Studies, University of California, Santa Barbara
- The Center for Portuguese Studies, University of California, Santa Barbara
- Comissió Interdepartamental de Recerca i Innovació (CIRI), Generalitat de Catalunya
- Database Design & Engineering, Walnut Creek, California
- Fundación MAPFRE, Madrid
- The Library, University of California, Berkeley
- Institut d'Estudis Catalans (Beca Alòs Moner) https://www.iec.cat
- National Endowment for the Humanities, Washington D.C.
- Portuguese Studies Program, University of California, Berkeley
- Secretaría de Estado de Investigación. Desarrollo e Innovación (PB90-53, PB93-758, PB96-1235, PB98-1170, BFF2002-00052, HUM2005-00178, FFI2008-03882, FFI2011-29719-C02-01, FFI2014-55537-C3-1-P)
- Research Libraries Group, agora RLG Programs, parte de OCLC, Dublin, Ohio
- Hispanic Seminary of Medieval Studies, Hispanic Society of America, New York (formerly at the University of Wisconsin)
O acceso e o uso de PhiloBiblon son totalmente de balde. A reprodución de calquera dos materiais que aquí se atopen está suxeita ás restricións que poden consultarse nas seguintes normas de copyright.
O usuario obterá unha óptima calidade de acceso a PhiloBiblon se dispón da última versión de calquera dos navegadores máis frecuentes, especialmente se poden visualizar ben as táboas (render tables) e están equipados coa versión máis actualizada de JavaTM, aínda que os nosos esforzos de programación irán destinados a un servizo xenérico, que permita O acceso á rede a través de calquera ferramenta de navegación.
Calquer comentario, pregunta ou suxestión sobre PhiloBiblon será sempre ben recibido. Con tal propósito, o usuario deberá dirixirse a Charles B. Faulhaber: cfaulhab[at]library.berkeley.edu.