Unha procura en Obra fornécenos unha lista de rexistros que conteñen os termos incluídos na procura. Prema na obra que lle interesa e obterá unha lista dos seus testemuños presentados en orde cronolóxica. Cada un dos testemuños está vinculado co manuscrito ou coa edición impresa que o contén.
Unha procura en MsEd fornécenos unha lista de rexistros que conteñen os termos incluídos na procura. Prema no manuscrito ou na edición impresa que lle interesa e accederá a unha descrición externa do exemplar, seguida dunha descrición do seu contido, coas diversas obras que transmite o exemplar ordenadas segundo a súa aparición en el volumen.
BETA baséase en e deriva da BOOST (Bibliography of Old Spanish Texts), que comezou a se compilar en 1974 como parte dun proxecto desenvolvido polo Medieval Spanish Seminary of the University of Wisconsin, en Madison, consistente en crear o Dictionary of the Old Spanish Language con axuda informática. O propósito do BOOST era seleccionar os textos do corpus no que se baseaba o devandito dicionario.
BETA evolucionou de forma substancial dende 1974, tanto en propósito como en ámbito de estudo. Como os seus equivalentes BITAGAP, BITECA e BIPA, o propósito de BETA non é outro que o de ofrecer un catálogo colectivo e comprehensivo de fontes primarias, manuscritas e impresas, para o estudo da literatura española medieval. As 966 entradas iniciais da primeira edición do BOOST (1975) medraron ata case as 30.000 na súa nova versión en rede.
BETA ocúpase de textos escritos en español, pero tamén inclúe textos en dialectos afíns: leonés, navarro, aragonés e mozárabe, así como materiais aljamiados en grafía hebrea e árabe en calquera deses dialectos. A nosa definición de "textos" é certamente ampla. Nesta definición entran todos aqueles textos, agás os de carácter puramente notarial, que traten de calquera clase de materia, como Historia, Dereito, Ciencia, Agricultura, Teoloxía, Filosofía, ademais de todo tipo de poesía e de prosa de ficción.
Compiladores
Proxectos coordinados con BETA
Como se cita
Convencións
Historia
Recoñecementos
Compiladores:
Charles B. Faulhaber, University of California, Berkeley,
Bibliografia, CV
Angel Gómez Moreno, Universidad Complutense de Madrid,
CV
Nicasio Salvador Miguel, Universidad Complutense de Madrid, CV
Antonio Cortijo Ocaña, University of California, Santa Barbara, CV
María Morrás, Universitat Pompeu Fabra / Oxford University, CV
Óscar Perea Rodríguez, Universidad Complutense de Madrid,
CV
Álvaro Bustos Táuler, Universidad Complutense de Madrid, CV
José Luis Gonzalo Sánchez-Molero, Universidad Complutense de Madrid, CV
Almudena Izquierdo Andreu, Universidad de Salamanca, CV
Patricia García Sánchez-Migallón, Universidad Complutense de Madrid, CV
Roxanna Colón-Cosme, Haverford College, CV
Proxectos coordinados con BETA
BETA coopera e colabora con os seguintes proxectos con finalidade e contido relevante. Onde é posible, unha busca en BETA ofrece ligazóns a estes sitios:
Digital Library of Old Spanish Texts
Dir. Francisco Gago Jover (Hispanic Seminary of Medieval Studies. College of the Holy Cross).
Old Spanish Textual Archive
Dir. Francisco Gago Jover (College of the Holy Cross) & Javier Pueyo Mena (CSIC).
Catálogo de obras medievales impresas en castellano (COMEDIC)
Dir. María Jesús Lacarra (Universidad de Zaragoza).
Colaboradores:
Queremos expresar a nosa inmensa gratitude a todos aqueles que teñen achegado información a BOOST e a BETA desde 1975:
Xavier Agenjo, Carlos Alvar Ezquerra, Manuel Alvar Ezquerra (†), David Anderson, José Aragües, David Arbesu, Robert Archer, Nicholas Asbury, Arthur Askins, Gemma Avenoza (†), Reinaldo Ayerbe-Chaux, Heather Bamford, Fernando Baños, María Teresa Barbadillo, Francisco Bautista, Miles Becker, Vicenç Beltran, Carmen Benítez, John Bidwell, Hugo Bizzarri, Soledad Bohdziewicz, Inocencio Bombín Hans Braun, Mercedes Brea, Linde Brocato, Kenneth Buelow, Gustavo Bueno, Victoria Burrus, María del Mar de Bustos, Denise Cabanel, José Luis Canet, Irene Capdevila, Miguel Carabias Orgaz, Mario Antonio Cossio Olavide, Thomas Capuano, Anthony Cárdenas, Dwayne Carpenter, Derek Carr, Alexander F. Caskey, Diego Catalán (†), Pedro Cátedra, María Céu Silva, Eugene Chang, Neil Chase, James R. Chatham, Carlos Clavería, Beatrice Concheff (†), Juan Carlos Conde, Porter Conerly, Judith Connick, Carol Copenhagen, Ivy Corfis, Adelaida Cortijo, Jerry Craddock, Charity Cúellar, Salvador Cuenca, Luis de la Fuente, Nitzaira Delgado-García, Alan Deyermond (†), Aida F. Dias (†), Ralph DiFranco, Victoria Dorn, Stephen Duffy, Consuelo Dutschke, Brian Dutton (†), Daniel Eisenberg, Anton von Euw (†), Raymond G. Feilner, Jr., Estefanía Ferrer del Río, Inés Fernández-Ordóñez, José Manuel Fradejas, Enzo Franchini, H. Frick, Juan Héctor Fuentes, Francisco Gago-Jover, Mercedes García-Arenal, María Cruz García de Enterria, Jorge García López, Patricia García Sánchez-Migallón, Michael Gerli, Joan Gili (†), Rosalie Gimeno, Harriet Goldberg (†), Ana María Gómez Bravo, Margarita Gómez Gómez, Fernando González Ollé, José Luis Gonzalo Sánchez-Molero, Jean M. Gosebrink, George Greenia, Anna Gudayol, C. Guzmán, Joseph Gwara, Scott Gwara, Cinthia María Hamlin, Albert Hauf, Francisca Hernández, Vanesa Hernández Amez, María Teresa Herrera, Richard Hitchcock, Fred Hodcroft (†), David Hook, Víctor Infantes, John R. Jensen, Harold G. Jones, Lloyd Kasten (†), John E. Keller (†) Maxim Kerkhof, Richard Kinkade (†), Steven D. Kirby, Douglas Koepke, H.P. Kraus (†), Thomas Kren, Paul Oskar Kristeller (†), José Julián Labrador, María Jesús Lacarra, James B. Larkin, Jeremy Lawrance, Linda Lefkowitz, John Lihani, Mark Littlefield (†), D.W. Lomax (†), Maria Mercé López Casas, Laura López Drusetta, Santiago López-Ríos, María Luisa López Vidriero, José Manuel Lucía, Anthony T. Luttrell, David Mackenzie (†), Robert A. MacDonald (†), Fiona Maguire, R. Maier (†), Antoni Malet, Hugo Mancuso, Francisco Marcos-Marín, Alexander Marey, Ana María Marín, Massimo Marini, Julián Martín Abad, Lorenzo Martín del Burgo, Hope Mayo, Ian Michael (†), Angela Moll Dexeus, Concepción Morales, Filipe Alves Moreira, Margherita Morreale (†), Jay Moschella, Lucía Mosquera, Cristina Moya, Isabel Muñoz, Elena Muñoz Rodríguez, Martha Narváez, Eric W. Naylor (†), Hans-Josef Niederehe, Georgina Olivetto, Marilyn Olsen, John O'Neill, Germán Orduna (†), David Pattison (†), Icela Pelayo, René Pellen, Miguel Pérez Rosado, Ricardo Pichel Gotérrez, Pedro Pinto, Dawn Prince, Jaume de Puig i Oliver, Manu Radhakrishnan, Stephen Raulston, Klaus Reinhardt, Dennis Rhodes (†), Benjamin Richler, Francisco Rico, Jaume Riera (†), Jesús Rodríguez Velasco, Elvira Roca Barea, Paul Rodgers, Albert Roqué, Lenore Rouse, Carmen Rovira, Adeline Ruquoi, Suzanne Rutter, Carlos Sáez, Ángel Sáenz-Badillos (†), Pedro Sainz Rodríguez (†), María Nieves Sánchez, Rafael Sánchez Grande Moreno, Rebeca Sanmartín, Israel Sanz Pablo Saracino, Martha Schaffer, Svato Schutzner, Emma Scoles, Dennis Seniff (†), Miriam Shadis, Ellen Shaffer, Harvey Sharrer, Sandra Sider, Joel Silver, María Lourdes Simó, Munair Simpson, Amadeu-J. Soberanes-Lleó (†), Michael Solomon, Lourdes Soriano Robles, Thomas Spaccarelli, Ronald Surtz, R. Brian Tate (†), Barry Taylor, Juan C. Temprano, Miguel Torrens, Marta Torres Santo Domingo, Kimberly Tully, Juan Miguel Valero Moreno, Mercedes Vaquero, Martha Waller, John K. (Jack) Walsh (†), Franklin Waltman, Aengus Ward, Julie Ward, Keith Whinnom (†), Julian Weiss, Constance Wilkins, Raymond S. Willis (†) Edward M. Wilson (†) Curt Wittlin (†), Abby Yokelson.
Como se cita
Como BETA e as súas bibliografías irmás catalogan obras concretas, manuscritos, edicións impresas e individuos relacionados con tales testemuños (autores, traductores, copistas, impresores, propietarios, destinatarios…), recomendamos que, nos traballos científicos, os usuarios citen os nosos códigos numéricos de identificación. Así, por exemplo, poderá distinguirse entre Íñigo López de Mendoza, primeiro Marqués de Santillana (bioid 1031) e o seu neto homónimo, Íñigo López de Mendoza y Luna, terceiro Marqués de Santillana e segundo Duque do Infantado (bioid 3034).
A continuación presentamos varios exemplos coa forma de citar correctamente as referencias de BETA:
Para obras: BETA texid 0000:
Poema del mío Cid (BETA texid 1109)
Para copias específicas dunha obra: BETA cnum 0000:
Poema del mío Cid. Madrid: Biblioteca Nacional, VITR/7/17 (BETA cnum 1231)
Para manuscritos: BETA manid 0000:
Madrid. Biblioteca Nacional, MSS/800 (olim D-67, D-123) (BETA manid 1372)
Para edicións impresas existen dúas posibilidades.
O ejemplar principal dunha edición cítase deste modo: BETA manid 0000:
Antonio de Nebrija. Gramática castellana. Salamanca: Nebrija (Impresor de la Gramática de [¿Juan de Porras?]), 1492-08-18. Madrid: Biblioteca Nacional, INC/1259 (BETA manid 2022)
Calquer outro ejemplar dunha edición cítase así: BETA copid 0000:
Antonio de Nebrija. Gramática castellana. Salamanca: Nebrija (Impresor de la Gramática de [¿Juan de Porras?]), 1492-08-18. Oxford: Bodleian, Inc. b. S. 97. 1(4) (BETA copid 1600)
Para individuos: BETA bioid 0000:
Iñigo López de Mendoza, 1. marqués de Santillana (BETA bioid 1031)
Convencións
Texto-tipo:
O text o-tipo é a copia específica dun texto que se usa para establecer a identidade deste último. Cando dicimos que a copia dunha obra concreta, manuscrita ou impresa, é o texto-tipo desa obra, significa que o texto contenido nese manuscrito ou impreso é o referente principal á hora de revisar outras versiones do texto que poidan acharse neutros manuscritos ou impresos. Isto non significa necesariamente que o noso texto-tipo sexa o arquetipo, a copia máis antiga da obra ou a copia mellor conservada. Simplemente, trátase dunha convención para facilitar a consulta da base de datos.
As particularidades do texto-tipo enténdense quizais mellor por medio dun exemplo. Existen ao menos oito traducións diferentes da Epistola de Gubernatione rei familiaris, atribuída a San Bernardo de Claraval. Os textos-tipo para as tres versións seguintes atópanse en manuscritos de El Escorial ou da Biblioteca Nacional de Madrid:
- Bernardus Claravallensis (pseudo). Epístola de San Bernardo a Raimundo, caballero, su sobrino. (BETA texid 3758). Texto-tipo en San Lorenzo de El Escorial: Monasterio, K.III.7 (4), ff. 1r-4v (=238r-241v) (BETA manid 3614)
- Bernardus Claravallensis (pseudo). Carta de gobernación de la casa (BETA texid 4227). Texto-tipo en Madrid: Nacional, 9247, ff. 117v-119v (BETA manid 2684)
- Bernardus Claravallensis (pseudo). Carta de san Bernardo enviada a un noble caballero (BETA texid 4229). Texto-tipo en Madrid: Nacional, 9428, ff. 29r-32r (BETA manid 3292)
A medida que se atopen outras copias das diversas traducións poderán ser agrupadas en familias arrededor destes textos-tipo; dese modo o concepto texto-tipo se revela muito útil para introducir a información e identificar obras diferentes na base de datos.
Datación:
As dataciones propias dos catálogos impresos, como "a comezos do século XV", "cara a mediados do século XV" ou "s. XV ex.", transformáronse agora en indicadores numéricos. Así, "a comezos do século XV" pasou a ser "1400-1410". Porén, isto non significa necesariamente que o manuscrito en cuestión fose escrito entre aquelas datas concretas. O sentido é idéntico ao da frase "a principios del siglo XV".
As seguintes equivalencias empregan datas do século XV, co propósito de mostrarlle o seu significado ao usuario.
1400-1500 = século XV
1400-1410 = comezos do século XV
1400-1425 = primeiro cuarto do século XV
1400-1433 = primeiro terzo do século XV
1400-1450 = primeira metade do século XV
1425-1450 = segundo cuarto do século XV
1440-1460 = metade do século XV
1450-1475 = terceiro cuarto do século XV
1450-1500 = segunda metade do século XV
1490-1500 = finais do século XV
1490-1510 = finais do século XV / comezos do século XVI
1400-1600 = séculos XV-XVI. Aínda que sempre intentamos evitar referencias tan pouco concretos coma esta, emprégase en ocasións, cando aparece deste xeito nunha referencia secundaria
1500 ca. = cara a 1500
1415 a quo = despois de 1415
1415 ad quem = antes de 1415
Se se coñece a data exacta, escríbese con números arábigos no formato AAAA-MM-DD, de novo co propósito de facilitar a busca e a consulta. Véxanse os seguintes exemplos:
1463 = datación precisa baseada no colofón dunha obra ou noutra evidencia cronolóxica incontestable
1463-03 = marzo de 1463
1463-03-08 = oito de marzo de 1463
1463 a quo — 1475 ad quem = entre 1463 e 1475 (úsanse estas datas cando se deducen xeralmente por datos internos)
1406-12-31 a quo — 1423-09-18 ad quem = entre o 31 de decembro de 1406 e o 18 de setembro de 1423 (de novo, datas obtidas grazas a datos internos)
1453 [?] = datado en 1453, pero sen certeza
1453 [!] = datado erroneamente en 1453
1493 ca. [?] = datado cara a 1493, pero sen certeza (esta datación emprégase xeralmente cando existen dúas fontes que se contradín entre si)
1488-1491 [!], 1491 ca. [!], 1490 = manuscrito ou impreso datado erroneamente cara a 1488-91 por unha fonte, cara a 1491 por outra, tamén por erro, e correctamente en 1490 por unha terceira.
A datación tanto de obras como de fontes impresas ou manuscritas estableceuse da forma máis precisa posible, utilizando para isto todas as evidencias dispoñibles e incluso métodos comparativos. Así, o terminus a quo dunha obra pode certificarse pola data máis temperá dunha das súas fontes manuscritas ou impresas ou ben por referencias internas da mesma. Por exemplo, a Cuarta parte da General estoria afonsí debeu de rematarse antes de 1280, a data do códice máis temperán que a contén: o manuscrito Vat. Urb. Lat. 539 (BETA manid 1077). De maneira semellante, a copia da Primeira parte da mesma General estoria que se conserva no manuscrito BNM 10236 (BETA manid 1059) rematouse antes do 25 de marzo de 1458, data da morte do primeiro marqués de Santillana, Íñigo López de Mendoza, quen encargou a devandita copia manuscrita para a súa biblioteca. Do mesmo xeito, a tradución dos Diálogos de San Gregorio realizada por Gonzalo de Ocaña (BETA texid 1360) houbo de terminarse antes de 1460, data da morte de Fernán Pérez de Guzmán, señor de Batres, a quen lle foi dedicada a tradución.
Historia
Madison
Berkeley
Cambios ao longo do proxecto
Contido e perspectivas futuras
Recursos electrónicos
Madison
Xa que o Dicionario do Español Antigo (DOSL, Dictionary of the Old Spanish Language) foi concibido como un proxecto baseado en citas de léxico, a semellanza do Oxford English Dictionary (OED), tanto o director do proxecto, Lloyd Kasten, como o director asociado, John Nitti, decatáronse de que necesitaban buscar este léxico nos textos orixinais das obras medievais e non en edicións críticas modernas, cuxos criterios de edición varían enormemente. Así, a primeira edición da BOOST (Bibliography of Old Spanish Texts), compilada en Madison por Jean Gilkison e Anthony Cárdenas, baixo a supervisión de Nitti, só incluíu referencias a manuscritos anteriores a 1501 ou a incunables, é dicir, a edicións de imprenta anteriores a 1501. Estas referencias foron obtidas inicialmente da primeira edición da Bibliografía de la literatura española de José Simón Díaz, cuxo volume sobre literatura medieval publicouse en 1953; mentres as referencias ós manuscritos anteriores a 1501 existentes na Biblioteca de El Escorial tomáronse da aínda útil e ben ponderada obra do beato Julián Zarco Cuevas, Catálogo de los manuscritos castellanos de la Real Biblioteca de El Escorial (1924-29), o primeiro catálogo de manuscritos medievais españois que realmente merece levar tal nome. Por outra banda, empregáronse moitas introducións de obras medievais en español, así como outros materiais de traballo existentes no Seminario de Estudos Medievais Hispánicos da Universidade de Wisconsin-Madison. Para a segunda edición da BOOST (1977), por exemplo, utilizáronse tamén os nove volumes publicados ata o de entón do Inventario general de manuscritos de la Biblioteca Nacional.
Para a historia técnica da BOOST e BETA, véxase a PhiloBiblon Páxina Principal.
A primeira edición da BOOST (1975) contiña 966 entradas e cada unha delas proporcionaba información sobre a copia dun texto nun manuscrito ou un impreso, organizado por autor e título. A segunda edición (1977), que respondía ao mesmo esquema organizativo, contiña 1860 entradas, case o dobre. Para a terceira edición (1984), a primeira baixo control editorial dun equipo de investigadores alleos á Universidade de Wisconsin-Madison, formado por Charles B. Faulhaber, Ángel Gómez Moreno, David Mackenzie e Brian Dutton, o corpus medrou ata as 3378 entradas, organizadas esta vez de forma topográfica e ordeadas por cidade, biblioteca, sinatura e orde de folios dentro de cada volume.
A partir da terceira edición da BOOST, o proxecto perdeu o seu carácter ancilar: deixou de de ser só una ferramenta para determinar as fontes do Dictionary of the Old Spanish Language (DOSL), para converterse en o que é na realidade, el gran catálogo colectivo das fontes primarias da literatura española medieval. Así as cosas, unha das primeiras decisións do novo equipo editorial foi a de incluír, sempre que se considerase oportuno ou necesario, as fontes impresas e manuscritos posteriores a 1501.
Berkeley
Dende 1985, o traballo de produción da BOOST quedou centralizado na University of California en Berkeley, pese a que o equipo editorial continuou a colaborar estreitamente co Seminario de Estudos Medievais Hispánicos de Madison. En 1987, grazas á financiación de IBM, todos os datos da BOOST transportáronse a un contorno de base de datos relacional con sistema operativo MS DOS: Revelation, máis tarde chamada Advanced Revelation, da empresa Revelation Technologies.
En 1993, a versión en MS DOS de PhiloBiblon, con tres das bibliografías que o compoñen (BETA, BITAGAP e BITECA), editouse en CD-ROM como parte do disco 0 de ADMYTE (Archivo Digital de Manuscritos y Textos Españoles), proxecto da Biblioteca Nacional, a Sociedade Estatal Quinto Centenario e Micronet S.A. (Madrid), dirixido por Francisco Marcos Marín, en compañía de Faulhaber e Gómez Moreno. Unha nova versión desta base de datos en contorno DOS, revisada e corrixida, publicouse de novo en 1999 pola Bancroft Library da University of California en Berkeley, edición que se atopa actualmente esgotada.
Cambios ao longo do proxecto
Coa terceira edición da BOOST (1984), as descricións basadas en fontes secundarias foron reforzándose (enténdase aumentadas e corregidas) grazas a consultas de primeira man de manuscritos e impresos, levados a cabo por numerosos colaboradores, anque a tarefa recaiu principalmente nos editores.
Na actualidade, todas as fontes manuscritas anteriores a 1800 de obras medievais escritas en español están incluídas, con algúns exemplos selectos dos séculos XIX e XX, que en ocasións poderían servir como proba de obras orixinais hoxe perdidas. Para os impresos, incluíronse novos rexistros de obras estampadas entre 1501 e 1510 grazas a F. J. Norton, A Descriptive Catalogue of Printing in Spain and Portugal 1501-1520 (Cambridge, 1978), aínda que as suas fichas se van aumentando pouco a pouco por a obra de Julián Martín Abad, Post-incunables ibéricos (Madrid: Ollero y Ramos, 2001; Adenda, 2007), tan rigorosa coma exhaustivo.
Na presente base de datos, as fichas de ANALYTIC, que son as que con maior fidelidade se corresponden coa organización inicial da BOOST (en tanto que presentan información dun texto concreto nun manuscrito ou impreso), fan un total de 9.162 (datos do 1 de xaneiro de 2009), é dicir, case dez veces máis das 966 entradas da primeira edición. As outras fichas de BETA son arredor de 20.000 e conteñen detalladas descricións de manuscritos e impresos, persoas e obras, bibliografía secundaria e bibliotecas.
Como en calquera outra base de datos que, como a nosa, leve máis de trinta anos funcionando, os criterios para engadir nova información evolucionaron ao mesmo ritmo que os programas e os sistemas que permiten almacenala. Así, nos primeiros anos só se rexistraba a información esencial para os propósitos do Dictionary of the Old Spanish Language (DOSL): nome do autor, título da obra, localización actual do manuscrito ou impreso, data de copia ou de impresión, data de redacción da obra e bibliografía secundaria. Tempo despois, se decidiu que era presico engadirse a información codicolóxica e bibliográfica, co proposito de fixar as datas específicas de copia o impresión. Do mesmo modo, acordouse recoller o incipit e explicit de cada obra para identificacar os seus distintos testemuños impresos e manuscritos.
Nos últimos tempos, os editores de BETA decidiron ofrecer información exhaustiva e de primeira man sobre os manuscritos e todos os exemplares de cada edición. Cando non foi posible examinar persoalmente un manuscrito ou un impreso, a información que sobre el se engadiu procede de fontes secundarias dignas de toda confianza. Por exemplo, durante o curso 2007-2008 engadiuse sistematicamente toda a información relevante do catálogo dos manuscritos escurialenses de Zarco Cuevas, silenciada por principio nas primeiras dúas edicións da BOOST.
Tamén se pousou especial coidado ao transcribir o incipit e explicit. Por exemplo, a ausencia de capitais iniciais se indica mediante a transcrición da grafía ausente entre corchetes ou parénteses cadradas: [A]. A altura destas capitais tamén se indica cun numeral superíndice, que mostra o número de liñas que ocupa, de forma que [A]6 significa que a capital perdida é un "A" maiúsculo e que o espazo que este ocupa é de seis liñas. A puntuación de cada incipit e explicit, omitida nas edicions previas ao considerar a diversidade de criterios dos editores, se ofrece respectando escrupulosamente o orixinal do que se toma. Os finais de liña e de verso se indican así mesmo deste xeito. Estes últimos detalles son de particular importancia para os textos impresos, posto que o seu cotexo a miúdo permite a distinci'on de edicións, emisións e estados.
Porén, non foi posible revisar de modo sistemático todas as fichas de BETA para actualizalas de acordo a estes criterios actuais, polo que o usuario achará descricións moi precisas xunto a outras mais ben pobres. Co paso do tempo, e sempre tras o exame correspondente, todas as descricións atenderán ós criterios expostos . Porén, agradecmos muito o envío de novas fichas o a adición ou corrección de datos nas xa existentes. Estas colaboracións poden enviarse, mediante correo electrónico a cfaulhab[at]library.berkeley.edu.
Contido e perspectivas futuras
A cantidade total de noticias de primeira man se incrementou a pasos xigantescos. Así, as descricións de manuscritos pertencentes á biblioteca da Hispanic Society of America beneficiáronse do traballo alí efectuado por Faulhaber. A BNE tamén foi obxecto de numerosas visitas para examinar a inxente cantidade de fontes manuscritas e impresas que se atopa nela. Ao mesmo tempo se contou coa información detallada dos primeiros nove volumes do Inventario general de manuscritos de la Biblioteca Nacional (1953-70; MSS 1-3026) e, a pesar da brevidade das suas fichas, coa dos volumes 10 a 15 (1984-2001; MSS 3027-11.000). As descricións dos cinco volumes en vias de publicación, que abranguen os MSS 11.001-12981, fóronnos proporcionadas en documento electrónico pola xenerosa axuda de Julián Martín Abad e o seu equipo de facultativos, con especial mención á axuda de Lourdes Alonso. Á parte, Faulhaber e Gómez Moreno revisaron sistematicamente toda a información das antigas fichas de cartolina da BNE, ao tempo que, durante o outono de 2006, ambos investigadores levaron a cabo a revisión dos manuscritos contidos tanto na Biblioteca Histórica "Marqués de Valdecilla" da Universidad Complutense de Madrid, como na biblioteca dos Duques de Alba, no Palacio de Liria, en Madrid. Pese a todo este esforzo, só arredor dun milleiro das máis de 5.700 fichas referentes a manuscritos ou impresos temperáns sido foron examinadas de primeira man por membros do equipo editor de BETA.
Afortunadamente, o número de catálogos sobre fontes manuscritas en bibliotecas españolas se incrementou rápidamente durante os últimos quince ou vinte anos. Son exemplos dignos de mención o Catálogo de manuscritos de la Real Academia Española (1991), o Catálogo de la Real Biblioteca. Manuscritos (1994-1997), o Catálogo de manuscritos de la Biblioteca Universitaria de Salamanca (1997-2002) ou os Manuscritos españoles de la Biblioteca Lázaro Galdiano (1998). Por razóns fácilmente imaginables, aínda non puidemos podido verter de maneira sistemática toda a inxente cantidade de información que conteñen: aínda queda moito por facer neste sentido.
Polo que atingue ós impresos temperáns, BETA intentou rexistrar cada exemplar de cada edición coñecida, así como a sua condición e procedencia. Os repertorios clásicos e básicos sobre incunables hispánicos (Haebler 1903-17, Vindel 1945-51) utilizáronse con profusión, pero non foi posible baleiralos por completo. Porén, si que se usou sistematicamente a información do Catálogo general de incunables en bibliotecas españolas de Francisco García Craviotto e as Adiciones y correcciones de Julián Martín Abad. Tamén se examinaron os catálogos de cada país (por exemplo, os de Goff, de 1964 e 1972, para Estados Unidos, ou o de Pellechet para Francia), pero isto non significa que se extraese a súa información de xeito sistemático. O mesmo pode dicirse do Catálogo de títulos de incunables (Incunabula Short Title Catalogue, https://www.bl.uk/catalogues/istc/index.html), mantido pola British Library. En esencia, trátase dun catálogo internacional colectivo que contén un listado comprensivo de todos os incunables coñecidos coa localización actual de exemplares de cada edición. Sen embargo, este catálogo é aínda unha obra in fieri y que, ao contrario que BETA, non pretende ofrecer información de cada exemplar nunha biblioteca dada. Por iso, a pesar de que BETA é tamén una obra in fieri, a nosa base de datos é actualmente (e mais no futuro, por suposto) a mellor e maior bibliografía enumerativa e descritiva dos impresos temperáns impresos en español.
A pesar dos máis de trinta anos deste proxecto, queda aínda moito por hacer. Sobre todo necesitamos descricións codicolóxicas detalladas de cada manuscrito, transcricións dos seus respectivos incipit e explicit, de textos anónimos, fichas prosopográficas, etc..
BETA prestoulle tamén moita atención ás biografías de todos os personaxens relacionados coa literatura medieval española. Por exemplo, o traballo de investigación en arquivos valencianos de Perea Rodríguez permitiu engadir unha morea de información biográfica sobre os poetas do Cancionero general (1511). Así mesmo, os cinco volumes do Diccionario de historia eclesiástica de España (1972-75; suplemento de 1987) proporcionáronnos nomes e datas de todos os bispos de Castela e León, dende o século XIII ata principios do século XVI, ademais da información biográfica esencial dos máis importantes. Este mesmo traballo tamén nos servíu para incorporar a maior parte de información relativa ás ordes relixiosas medievais, monásticas e militares, así como a de cada mosteiro e os seus dirixentes (abades, priores, comendadores, etc.).
A bibliografía secundaria de BETA non intenta ser exhaustiva. De ningún xeito pretende ocupar o lugar que corresponde ao Boletín Bibliográfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval. A información que máis nos interesa salientar en BETA é a relativa a catálogos de manuscritos ou impresos, estudos codicolóxicos de manuscritos concretos, edicións de textos, estudos biográficos e outros traballos semellantes, mellor que estudos críticos sobre autores, obras ou xéneros literarios.
Polo que se refire a materias e xéneros, coidamos que identificamos axeitadamente a maior parte de textos legais vernáculos, foros e cortes, baseándonos tanto nas edicións antigas da Real Academia de la Historia coma no catálogo de El Escorial, a pesar de que quedan aínda por engadir numerosos testemuños manuscritos posteriores á Idade Media. Si por unha banda, recollimos todas as fontes da poesía de cancioneiro e as poesías narrativas que contenen, aínda queda por engadir o inxente volume de información, relativo a todos e cada un dos textos líricos, reunido por Brian Dutton en El cancionero del siglo XV. c. 1360-1520, de recente e libre acceso en Internet a través do Corpus electrónico dos manuscritos casteláns cancioneriles do século XV (https://cancionerovirtual.liv.ac.uk/main-page.htm), proxecto dirixido por Dorothy Severin na University of Liverpool. Non obstante, a incorporación da totalidade da poesía cancioneiril a BETA é unha tarefa que consideramos prioritaria. Cómpre advertir, por último, que nesta anhelada adición de materiais poéticos non entran as kharxas, polas súas particularidades lingüísticas que, ata o de agora, invitannos a deixalas á marxe do proxecto. Así mesmo, agás testemuños que poidan ser datados antes de 1501, tamén omitimos en BETA a lírica tradicional (recollida sistemáticamente por Margit Frenk no seu Nuevo corpus de la antigua lírica popular hispánica (siglos XV a XVII), México: UNAM-Colegio de México-Fondo de Cultura Económica, 2003, que nos libra de ocupar de tal tarefa) e o romanceiro (remitímonos ó labor de catalogación e identificación de testemuños do Seminario Menéndez Pidal).
Recursos electrónicos
Durante as últimas décadas asistimos a unha proliferación de innovacións electrónicas na rede; de todos isos, o que aquí mais interesa é o acceso libre, rápido e cómodo a un elevado número de edicións e de facsímiles de códices e antigos impresos a través de Internet, especialmente facsímiles. Porén, decidimos incorporar ligazóns electrónicas con páxinas web tan valiosas coma a de LEMIR (Literatura Española Medieval y del Renacimiento: https://parnaseo.uv.es/).
Para todos aqueles investigadores coidadosos que non confían demasiado en ningunha transcrición e edición, outras ferramentas electrónicas mais útiles aínda, como as facsímiles digitais, totais ou parciais. O pioneiro destes recursos é o devandito ADMYTE, cuxas máis de 55.000 páginas de textos e de facsímiles, orixinalmente editadas en CD-ROM, agora dispoñibles na rede mediante un servizo de subscrición: https://www.admyte.com/home.htm.
Por outro lado, o Proxecto Dioscórides da Biblioteca Histórica "Marqués de Valdecilla", da Universidad Complutense de Madrid, é o primeiro que leva a cabo unha biblioteca española y pretende poñer a disposición do gran público todos os facsímiles da súa importante colección de manuscritos e impresos medievais: Biblioteca Digital Dioscórides. Entre outros exemplos, o usuario ten á súa disposición un dos máis extraordinarios códices do escritorio real afonsí: o manuscrito dos Libros del saber de astronomía, BH MSS 156 (BETA manid 1091).
Outros proxectos proporcionan acceso na rede a facsímiles parciais. O Escritorio Dixital (Digital Scriptorium), un proxecto en grupo iniciado en 1966 pola Bancroft Library de Berkeley e a Columbia University, chegou a ser unha especie de catálogo visual colectivo de manuscritos medievais escritos en todas as linguas occidentais ata, aproximadamente, o ano 1550. Na actualidade, o Digital Scriptorium ofrece, cunha resolución de imaxe extremadamente alta, descricións e facsímiles parciais de máis de 5.300 manuscritos conservados en 27 institucións norteamericanas. Entre todos estes cóntanse 63 españois, entre os que cómpre salientar:
- Fragmentos do único manuscrito medieval coñecido ata o de agora do Amadís de Gaula, datado no primeiro cuarto do século XV (BETA cnum 216. Berkeley: The Bancroft Library)
- O millor manuscrito da Crónica sarracina, datado cara a mediados do século XV (BETA cnum 4949. Berkeley: The Bancroft Library)
- Un manuscrito, de mediados do século XV, dos Dichos y hechos de Valerio Máximo, a única copia que contén uns versos introdutorios (BETA cnum 2848. New York: Columbia University)
- Unha copia de finais do século XIII do Fuero real (BETA cnum 3676. Philadelphia: Free Library)
Precisamente, un dos propósitos primordiais de PhiloBiblon é o de realzar a necesidade de contar con facsímiles, transcricións e edicións de todos os textos medievais. Téñase en conta que arredor de dous terzos das obras medievais escritas en español sobreviven grazas a un único manuscrito. Se ese manuscrito se perdese ou se destruíse antes de que o seu contido fose copiado a calquera soporte, perderíase daquela a obra mesma, desaparecendo con ela un elemento irreemprazable da cultura medieval hispánica. Polo tanto, cómpre poñerse mans á obra para que isto non suceda.
Recoñecementos
Son moitos os estudantes da University of California, en Berkeley, que traballaron como investigadores axudantes de BETA dende o ano 1987. Queremos agradecerlles, a este respecto, o apoio prestado ao Programa de Aprendizaxe de Investigación para Subgraduados (Undergraduate Research Apprenticeship Program) da University of California, Berkeley, así como ao Comité do Senado Académico para a Investigación (Academic Senate Committee on Research). De entre os estudantes subgraduados, pódense salientar o labor de Nicholas Asbury, Eugene Chang, Charity Cuéllar, Victoria Dorn, Icela Pelayo e Munir Simpson; de entre os estudantes graduados, o de Heather Bamford, Miles Becker, Denise Cabanel, Adelaida Cortijo Ocaña, Ana María Gómez Bravo, Ángela Moll, María Morrás, Stephen Raulston e Israel Sanz.
BETA débelle unha gran parte da súa información á colaboración desinteresada de numerosos investigadores. Especialmente, estamos en débeda con Gemma Avenoza (†) polas súas descricións de manuscritos e incunables españois das bibliotecas de Évora e outras moitas, como tamén o estamos con José Aragüés, Fernando Baños e Vanesa Hernández Amez polos seus traballos sobre as traducións ao castelán da Legenda aurea. Non é menor a débeda que adquirimos con Hugo Bizzarri polas súas referencias á literatura sapiencial, con Thomas Capuano polos seus traballos sobre agricultura, con Juan Carlos Conde pola súa información sobre certos manuscritos e textos do século XV, con Ivy Corfis pola cesión de materiais sobre literatura cabaleiresca e polas súas numerosas transcricións electrónicas, con José Manuel Fradejas Rueda polas súas referencias á literatura cinexética, con David Hook polas súas referencias sobre textos historiográficos, con Francisco Marcos Marín por catalogar os manuscritos da Biblioteca Nacional de Argentina, con Georgina Olivetto polas súas descricións de manuscritos españois na British Library, con Rebeca Sanmartín por as dos MSS de Santiago de Compostela e Ourense, con Jesús Rodríguez Velasco e Harvey Sharrer por os seus materiais sobre novelas de cabalerías; e, finalmente, co devandito Sharrer e con Arthur L-F. Askins, Filipe Alves Moreira e Pedro Pinto polas súas referencias sobre manuscritos españois en bibliotecas portuguesas. Ademais, aínda quedamos en débeda con moitísimos outros investigadores que nos fixeron chegar amablemente os seus valiosos datos e referencias sobre manuscritos, impresos e textos específicos.
Os editores de BETA tamén desexan agradecer o apoio recibido por parte das seguintes institucións:
The Bancroft Library, University of California, Berkeley
Center for Portuguese Studies, University of California, Santa Barbara
Center for Galician Studies, University of California, Santa Barbara
DataBase Design & Engineering, Walnut Creek, California
Fundación MAPFRE, Madrid
Fundación del Amo, Universidad Complutense de Madrid
Gaspar de Portolà Catalonian Studies Program, University of California, Berkeley
Hispanic Seminary of Medieval Studies, Hispanic Society of America, New York, New York
The Library, University of California, Berkeley
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Spain
Ministerio de Economía y Competividad. Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, Spain
National Endowment for the Humanities, Washington D.C.
Program for Cultural Cooperation Between Spain's Ministry of Culture & United States' Universities
Research Libraries Group, now OCLC Research, part of OCLC, Dublin, Ohio
Portuguese Studies Program, University of California, Berkeley
O acceso e o uso de PhiloBiblon son totalmente de balde. A reprodución de calquera dos materiais que aquí se atopen está suxeita ás restricións que poden consultarse nas seguintes normas de copyright.
O usuario obterá unha óptima calidade de acceso a PhiloBiblon se dispón da última versión de calquera dos navegadores máis frecuentes, especialmente se poden visualizar ben as táboas (render tables) e están equipados coa versión máis actualizada de JavaTM, aínda que os nosos esforzos de programación irán destinados a un servizo xenérico, que permita O acceso á rede a través de calquera ferramenta de navegación.
Calquer comentario, pregunta ou suxestión sobre PhiloBiblon será sempre ben recibido. Con tal propósito, o usuario deberá dirixirse a Charles B. Faulhaber: cfaulhab[at]library.berkeley.edu.