CatalàEnglishEspañolGalegoPortuguês |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
EstatísticasOs seguintes cadros permiten constatar o crecemento cuantitativo das tres bases de datos de PhiloBiblon -BETA, BITAGAP e BITECA- desde decembro de 2013 ata outubro de 2017. O que non permiten constatar é o crecemento cualitativo, baseado na consulta directa dos manuscritos e edicións antigas, quer in situ, quer a través do número cada vez maior de facsímiles dixitais de alta cualidade. O número total de rexistros incrementouse durante estes catro anos en máis de 50.000, de 139.819 a 192.150. O primeiro cadro mostra o número total de rexistros en cada tabela relacional de cada bibliografía o 22 de outubro de 2017, cando se anunciou a cuarta entrega de PhiloBiblon para ese ano. A tabela ANALÍTICO mostra o número total de testemuños, é dicir, copias, dos textos en OBRAS que se encontran en MANUSCRITOS y EDICIÓNS:
O número total dos rexistros das tres bibliografías sumou 192.150 en 2017. O segundo cadro representa a situación tal como se encontraba o 15 de decembro de 2013, catro anos antes, cando se anunciou a última entrega de PhiloBiblon para ese ano:
O número total dos rexistros das tres bibliografías sumou 139.819 en 2013. Con certeza, os materiais que se poden consultar na versión na Internet en calquera momento derívanse dos datos actuais. |